Rambo, o meu can.

O meu can, Rambo, todo un fedello. Trátase de un beagle, unha raza moi usada polos cazadores e hai moitos na miña zona que o aprecian especialmente por ser unha raza bastante polivalente. Testán, inquedo, e cariñoso, estou contento de ter escollido este compañeiro, anque a miúdo vai por libre.

Despois de moito tempo parado, e moito máis tempo co mesmo estilo, relanzo o meu blog, un minúsculo recuncho de internet donde irei colgando material, de a pouco, segundo vaia vindo, centrándome especialmente en fotografía e vídeo anque tamén meterei algún deseño ou mesmo debuxo polo medio. Tampouco busco ter un aluvión de visitas, simplemente quero deixar unha fiestra aberta a quen se queira asomar para ver o que fago, acepto críticas, suxestión e comentarios.